Coñeza a nosa empresa
Estratexia Plus

 

Estratexia Plus é unha empresa creada en febreiro de 2002, como froito da intensa experiencia de cada un dos membros que a compoñen no ámbito do emprego de ferramentas de análise e diagnóstico estratéxico empresarial, planificación e deseño de estratexias de mellora, estudos do mercado, internacionalización de empresas, creación de observatorios empresariais e institucionais,...

Estratexia Plus nace coa vocacisn de axudar a crecer a todas aquelas empresas do tecido produtivo galego que loitan diariamente por progresar, xerando e mantendo unhas avantaxes competitivas fronte as demais firmas. As ferramentas estratixicas poñen ao alcance destas empresas a posibilidade de afronta-las posibles ameazas e as oportunidades derivadas de ese entorno turbulento. Se ben, encsntrase as veces con certas dificultades, posiblemente debidas a falta de formacisn ticnica, a inexperiencia e a cultura tipicamente individualista galega.

Nesta situación, a implantación de formas de pensamento estratixico e a mellora competitiva do conxunto de pequenas e medianas empresas tórnase nun factor clave de actuación.

Estratexia Plus presta servizos integrados, dinámicos e innovadores que melloran os sistemas de dirección e xestión estratéxica, contribuíndo ao desenvolvemento do tecido de estruturas empresariais e institucionais. O noso obxectivo e apoiar as empresas no desenvolvemento de calquera tipo de proxecto, de arriba a abaixo, dende o estratéxico ao operativo.
 

Estratexia Plus, S.L.

C/ Marquesa, n: 3-5, 4:A  36002-Pontevedra (Galicia - Spain)

Telf.: (+34) 986 10 94 10 FAX: (+34) 986 10 94 03

info@estratexiaplus.com