|
|
A misión de
Estratexia Plus é prestar
servizos integrados, dinámicos e innovadores que melloren os sistemas
de dirección, xestión estratéxica e de producción, contribuíndo ao
desenvolvemento do tecido de estructuras empresariais e institucionais.
Somos especialistas en Desenvolvementos Estratéxicos de empresas en base
a unha metodoloxía de Análise-Diagnóstico-Deseño-Implantación-Control e
revisión, sistemática e constante, mediante un proceso participativo
implicando a tódolos recursos humanos no desenvolvemento do proxecto
da empresa. Desenvolvemos a implantación, control e revisión das
Estratexias.
A nosa diferenciación reside, fundamentalmente, na adaptación dos nosos
productos e servizos as necesidades dos nosos clientes, dando deste
xeito solucións personalizadas. A relación de actuacións é moi extensa, posto que unha empresa pode necesitar un Plan Estratéxico para defini-las
súas estratexias ou ter éstas claras e o que require é o
desenvolvemento dunha determinada actuación, por exemplo.
PRESTAMOS APOIO NA TOMA DE DECISIóNS A CORTO, MEDIO E LONGO PRAZO EN
CUESTIóNS COMO:
 |
Cál é o meu posicionamento no mercado?
|
 |
Teño definido o meu plan de empresa?
|
 |
Están satisfeitos
os consumidores co
meu producto?
|
 |
En que áreas da empresa podo mellorar
os resultados?
|
 |
En que áreas da
empresa podo innovar?
|
 |
Coñecen
a miña empresa os
consumidores?
|
 |
Debo ampliar
o cadro de persoal ou comprar
maquinaria?
|
 |
Que debo hacer para que mi proceso
productivo sea más ágil y flexible?
|
 |
Necesito implantar, o
en su caso
mejorar, nuevos sistemas organizativos de producción?
|
 |
...
|
AS NOSAS PRINCIPAIS áREAS DE ACTIVIDADE SON:
 |
Planificación estratéxica, tanto para
entidades como para empresas, con especial atención ao proceso de
transferencia de coñecemento cara aos clientes no eido da
análise-diagnóstico-deseño estratéxico-implantación-control, así
como a súa formación relacionada. |
 |
Orientación, coordinación e apoio na
ideación, plantexamento, desenvolvemento e seguimento de proxectos e
outras iniciativas públicas, con especial orientación ao
desenvolvemento de asociacións, grupos de acción local, fundación,
consorcios, patronatos, obra social das entidades financeiras, entre
outros. |
 |
Desenvolvemento estratéxico de
sistemas empresariais e territoriais en base á metodoloxía de cadeas
empresariais, abarcando o proceso estratéxico e con especial
atención á implicación dos actores e axentes (empresas, asociacións,
administracións públicas) no proceso a través dos procesos de
consulta participativa (enquisas, entrevistas, focus-group, panel
Delphi, mesas de traballo). |
 |
Desenvolvemento estratéxico da
innovación, incluíndo o diagnóstico estratéxico da innovación na
organización, a identificación de ámbitos de mellora/innovación, o
desenvolvemento de círculos de innovación, o apoio na xestión dos
procesos de innovación, desenvolvemento de entidades de apoio á
innovación (centros tecnolóxicos, unidades e servizos de apoio á
innovación, plataformas tecnolóxicas de innovación, clúster de
actividades empresariais), a orientación para a presentación de
solicitudes de axudas, así como a súa formación relacionada.
|
 |
Deseño e desenvolvemento de técnicas
participativas en procesos de reflexión estratéxica tales como
grupos de discusión, foros de debate, mesas redondas, mesas
temáticas, paneis Delphi, entre outros. |
 |
Deseño e desenvolvemento de
investigación operativa de mercados, estudos de
mercado-Benchmarking, enquisas de opinión, estudos de imaxe
percibida, marketing electoral, marketing relacional, enquisas de
satisfacción, deseño do plan de marketing, plan de comercialización,
entre outros, así como a súa formación relacionada.
|
 |
Desenvolvemento de observatorios de
vixilancia estratéxica a nivel de subactividades, actividades, cadea
empresarial, entre outros. |
 |
Formación específica en áreas como a
internacionalización, a creación de empresas e motivación de
emprendedores, sistemas de xestión turística, xestión da innovación,
desenvolvemento de proxectos empresariais, técnicas de análise
económico-financeira, deseño de cadro de mando e indicadores de
control de xestión. |
|